10 / 04 / 2019
  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn
  • GooglePlus

A CRTVG pon a ollada no deporte inclusivo na primeira campaña de RSC do ano, #NonMiresXoga

Escrito por  Xaime Arias

A CRTVG desenvolve esta semana (ata o 13 de abril) a súa primeira campaña RSC do ano, coa que se salienta o potencial integrador do deporte para unir as persoas e romper prexuízos. #NonMiresXoga quere poñer o foco nesa capacidade do deporte para mellorar a vida das persoas e contribuír a visibilizar en Galicia o 3º, 4º, 8º, 10º, 11º e 17º Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, en que se alude á discapacidade desde diferentes puntos de vista: a saúde, a educación, o emprego, a redución das desigualdades, a inclusividade das cidades e a accesibilidade do transporte etc.

#NonMiresXoga difunde a idea de que o límite está en como miramos a estes deportistas, e non nos propios deportistas, e que hai que romper esa barreira. A campaña consta dun anuncio de televisión, en que colaboraron entidades sociais e deportivas galegas, un espazo na web: rsc.crtvg.es da CRTVG que recolle información e ligazóns de interese das asociacións cooperantes e tamén as historias dos deportistas participantes na campaña para que sirvan de exemplo e inspiración. Ademais, os diferentes programas da televisión e da radio galegas e as redes sociais emitirán contidos relacionados coa integración social das persoas con discapacidade a través do deporte e do ocio compartido.

NonMiresXoga_vela_con_AccionsG.png

#NonMiresXoga é unha das #AccionsG da Corporación, coas que os medios públicos galegos queren pasar á acción no eido social e contribuír a visibilizar en Galicia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

A primeira acción foi un partido de fútbol pola integración das persoas con discapacidade, o pasado sábado 6 de abril, Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz da ONU, e no que xugaron xuntos, misturados, traballadores/as da Corporación e xogadores/as do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine, na cidade deportiva de Abegondo.

NonMiresXoga_partido_6_abril.png

O encontro rematou en empate, 2-2, e foi posible grazas á colaboración do Real Club Deportivo da Coruña e dos profesionais da CRTVG que se sumaron a esta iniciativa solidaria. Ademais, o espazo da Radio Galega 'Convivir deportivo' narrou en directo pola web da Corporación o partido e as historias de integración dos xogadores e das súas familias, nun programa que se emitirá nos vindeiros días na Radio Galega. O Real Club Deportivo de La Liga Genuine está formado por un colectivo de persoas con discapacidade intelectual e é un dos 30 equipos que conforman LaLiga Genuine, proxecto que une fútbol e integración social lanzado por LaLiga no 2017 e no que en Galicia participan o R. C. Deportivo da Coruña, o Club Deportivo Lugo SAD e o Real Club Celta de Vigo.

#AccionsG

A Responsabilidade Social Corporativa da CRTVG estrea lema en 2019: #AcciónsG, baixo o que se levarán a cabo catro campañas. “Chamámoslles AcciónsG porque os traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos actuamos, movémonos con estas campañas para intentar devolverlle á sociedade unha pequena parte do que nos dá”, salienta o director de Proxección Social da Corporación, Xaime Arias.

Partners

Asociación de Directivos de Comunicación © 2019

Paseo de la castellana, 193, 1ªplanta, 28046 Madrid (Spain) - Telf: (+34) 91 702 13 77

Dircom en Facebook Dircom en LinkedIn Dircom en Twitter Canal de SlideShare de Dircom Canal de youtube de Dircom
 

Utilizamos dispositivos de almacenamiento y recuperación de datos de terceros con la finalidad de mejorar el rendimiento de la Plataforma y de evaluar el uso que se hace de la misma, así como dispositivos de almacenamiento y recuperación de datos de análisis y publicitarios. Clique en “aceptar” para consentir el uso de todas las cookies. Puede cambiar la configuración y obtener más información aquí.